O COLEXIO ASINOU CONVENIO CON ATRIGA PARA ACTUAR COMO COLABORADOR SOCIAL

Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de A Coruña e Pontevedra asinou o 6 de xullo de 2020 un convenio coa Axencia Tributaria de Galicia -ATRIGA-, pola que,  tras os oportunos trámites, os colexiados poden exercer como colaboradores sociais para a presentación telemática de autoliquidacións.

Aqueles interesados necesitan un certificado dixital recoñecido pola devandita administración para ser identificados, previa tramitación na que deberán presentar un certificado colexial e unha solicitude.

Neste link pódese atopar explicación deste trámite. Unha vez conseguida a autorización, desde o mesmo ligazón pódese acceder a tramitar as autoliquidacións. 

Para solicitar un certificado colexial picar aquí.

Toda tramitación, como profesional, relacionada coa  ATRIGA deberá levar a cabo sendo colaborador social e de forma telemática desde agora.