# COVID19-COLEXIO
NORMALIDADE
Despedímonos desta era de información excesiva e deste estado de alarma, esperamos que primeiro e último.
Como noutras ocasións, unha remesa de adxuntos coa nova lexislación, estatal e autonómica xurdida do novo estado de normalidade, oxalá que transitorio e breve, xunto coas medidas sociais de protección para autónomos.
Finalmente dúas ordes relacionadas cos anticipos de PAC e FEADER- CMR.
Esta situación tan anormal acabará, e en calquera caso, afaremos adoptar medidas que pasarán a formar parte dunha nova rutina.
A nosa solidariedade e agarimo para os familiares e amigos que nos deixaron nesta maltreita viaxe, con especial recordo aos que foron compañeiros.
Non nos relaxemos.