Setembro 2014
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
Comunicación con todos los Colegiados
Conozca nuestras Actividades Profesionales
Mejora Continua de los Servicios Colegiales

CoitaGalicia

Este é o novo punto de encontro virtual dos enxeñeiros e enxeñeiras técnicos agrícolas de A Coruña e Pontevedra, no que esperamos atopar tamén a todos os que dalgún xeito teñan interese en acercarse a unha profesión con máis de 150 anos de historia e ao seu colexio profesional en A Coruña e Pontevedra que xa ronda os 80.

Dende que nos fixemos visibles no “mundo web”, hai xa máis de 10 anos, sempre tentamos, con maior ou menor éxito, pero sempre co maior interese e esforzo, que arredor do noso “portal”, aparte de novas, e outros contidos de interese, se foran sumando outro tipo de servizos; tanto os que o COETAAC ten que prestar por imperativo legal, e de interese social, véxase “portelo único”, como outros de estrito interese colexial, como por exemplo o visado dixital, o foro profesional, e outros xa presentes, e máis que esperamos que veñan no futuro.

Neste eido, o único fin que nos move e favorecer a comunicación entre a sociedade, o Colexio e os nosos colexiados.

Quero resaltar que aparellada a esta evolución do noso portal web, tamén acometemos unha actualización do sistema de visado dixital, do que no seu día fomos pioneiros entre os Colexios do noso colectivo, e incluso a nivel xeral, pero que pensamos que despois de anos tiñamos que lle dar un xiro que nos proporcionara maiores prestacións cun menor custe de funcionamento (sen necesidade de software especial e baseado no uso de certificados dixitais gratuítos).

Estamos a vivir tempos nos que precisamos do apoio e a participación de todos os enxeñeiros técnicos agrícolas, actuais, e dos futuros graduados nas enxeñarías vinculadas ás actividades agrogandeira, agroindustrial, xardinaría e paisaxe e enxeñaría e mecanización rural, tanto polas especiais circunstancias xerais que estamos a padecer como porque ademais das actualizacións comentadas tamén estamos a renovar as nosas normas colexiais fundamentais, os nosos Estatutos, para adaptalos aos cambios que os tempos e a lexislación impoñen.

Dende aquí vos damos a benvida, tanto ao COETAAC real como ao virtual, e esperamos que co voso apoio e o noso esforzo consigamos unha organización cada vez máis forte en beneficio dos seus colexiados, do sector agrario que, con esforzo, nos da traballo, e da sociedade en xeral.


Rafael-José Muíños Moreno.
Presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas
A Coruña e Pontevedra.
(COETAAC)

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal